Que facer en Galicia do 2 ao 8 de xullo?

Preparados para os plans desta semana? Se che gusta o monte e os animais non te podes perder unha da rapa das bestas máis importantes de Galicia, a de Sabucedo. Para acabar a finde, por que non te pasas por A Guarda para gozar dun exquisito arroz con lagosta? ou vestirte con traxes de época na Feira Franca Medieval de Betanzos? Gústache o plan? Se non, sempre podes ir á curiosa festa que celebran en Ribadeo, o “Ribadeo Indiano”.

6 – 9 de xullo.

A Rapa dás Bestas de Sabucedo

Sabucedo, A Estrada, Pontevedra.

De entre todas as rapas das bestas que se celebran en Galicia, a de Sabucedo é obrigatoria, é o único curro no que os aloitadores se enfrontan cos cabalos sen cordas nin paus para inmobilizalos e raparlles as crinas. Son máis de 600 cabalos os que se rapan durante toda a fin de semana.

Non podemos esquecer que hai verbenas e contacontos para animar tanto a adultos como a pequenos. E como non!  algún pulpeiro para alimentarnos.

Lembra que para poder asistir ao curro debes comprar unha entrada, online ou o propio día.

Día e hora dos curros

  • Sábado, 7 de xullo de 2018, ás 19:00 h
  • Domingo, 8 de julio de 2018, a las 12:00 h

Precios

  • Adultos 10,00€
  • Nenos de 6 a 12 anos 5,00 €
  • Nenos de 0 a 5 anos Gratis

Podes ver o programa completo e comprar as entradas en http://rapadasbestas.gal/

6 – 8 de xullo.

Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira

 Parroquia da Guarda (Santa María), A Guarda, Pontevedra.

Se nunca lle fincaches o dente a unha lagosta ou a calquera outro crustáceo da Guarda, debes saber que gozan dunha calidade extraordinaria.

Nesta festa, a parte da degustación, podes gozar tamén de actuacións musicais e teatrais, das visitas guiadas pola Ruta dás Cetarias, 4 quilómetros de lonxitude que recolle toda a historia mariñeira da vila, ou observar unhas belísimas vistas desde o Monte de Santa Trega.

Para máis información: http://bit.ly/FestaDaLagostaGL

6 – 8 de xullo.

Feira Franca Medieval de Betanzos

Betanzos, A Coruña.

A cidade de Betanzos torna ao pasado engalanando as súas rúas con estandartes, instalando case 150 postos artesáns e organizando actividades e actuacións ao aire libre, como a queima da bruxa, torneos medievais con loita de guerreiros dacabalo, exhibicións de tiro con arco, teatro e representacións de feitos históricos.

Se queres volver ao pasado cos habitantes desta cidade animámoste a que te vistas con traxes de época.

6 – 8 de xullo. 

Ribadeo Indiano

Ribadeo, Lugo.

Nas últimas décadas do século XIX e as primeiras do XX, Ribadeo viviu unha época de auxe económico debido ao retorno dos Indianos.

Cando os primeiros emigrantes empezaron a regresar, levantaron vivendas cunha arquitectura cosmopolita simbolizando o triunfo conseguido fóra. Isto fai que hoxe Ribadeo conte cun importantísimo legado indiano.

É por isto polo que, durante esta fin de semana, Ribadeo retrocede no tempo cun extenso programa de actividades que podes ver en http://indiano.ribadeo.org/programa/.

Neste programa destaca a ‘ Xincana’, un xogo de probas por equipos con 3 premios e tamén a comida campestre. Podes comprar os tickets para esta no Círculo Habanero de A Devesa ou na Oficina de Turismo de Ribadeo por 20€. Ademais, non esquezas vestirte para a ocasión!

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *