Que facer en Galicia do 17 ao 23 de setembro?

Aproxímase a fin do verán pero a música segue. Con carteis e programacións para tódolos gustos, esta semana temos unha cita cultural imprescindible en tres das catro provincias galegas. Do 17 ao 23 de setembro aprende máis sobre o mar, canta, salta e baila grazas aos festivais que propoñemos.

Festival Mar de Mares

Do 20 ao 23 de setembro – A Coruña.


Esta semana temos unha cita co Festival Mar de Mares na Coruña. Un encontro no que se pretende mellorar a nosa relación cos mares para lograr un planeta saudable e seguro para todos. Gastronomía, encontros literarios, música, deporte e unha infinidade de actividades formarán parte deste encontro lúdico que se celebra en diferentes puntos da cidade.

Como novidade, a edición 2018 ofrece tamén unha aproximación á economía circular grazas ás charlas de especialistas na materia como Nicola Cerantola (fundador de Ecologing). Atento! Segue todas as novidades na súa páxina web oficial: http://festivalmardemares.org/

Caudal Fest

Do 21 ao 22 de setembro – Lugo.


O Caudal Fest é o encontro musical do ano na cidade amurallada. Vetusta Morla, Andrés Suárez, Mala Rodríguez, Viva Suecia, ou Novidades Carminha son algunhas das actuacións que compoñen o cartel desta edición. Canta, baila sen parar e aproveita as vantaxes da zona de acampada habilitada no recinto.

Reserva a túa praza a través de: http://caudalfest.es e mantente ao tanto de todas as noticias.

 

Montando Cristo Festival

22 de setembro – O Porriño, Pontevedra.


A quinta edición do Montando Cristo Festival celébrase este ano na carpa Roxy no Porriño, cunha selección de bandas rockeiras que subirán ao escenario para deixar coa boca aberta ao público. Neste encontro musical apto para todos o públicos actuarán: Akilles, Mai’s On Fire, Pölisong, Morgana Vs Morgana, The Black Wizards e Septiembre Negro.

Non deixes de acudir á actuación previa da banda de rock viguesa Winter Project no Parque do Cristo ás 23:00 horas. Segue as novidades do festival na súa páxina oficial de Facebook: Montando Cristo Festival

É difícil decidirse pero, cal é o teu favorito?

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *