Que facer en Galicia do 16 ao 22 de xullo?

De novo traémosvos a nosa axenda para os próximos días. Fostes a algunha festa da semana pasada? Se non puidestes, esta semana tedes máis propostas de lecer en Galicia. Poderás ir a algunha esta vez? Animámosche a que compartas as túas fotos nas nosas redes sociais para que podamos velas e compartilas, para iso menciónanos e compartirémolas.

 

Festa da Dorna

18 ao 24 de xullo – Ribeira, A Coruña.

Nesta Festa, o acontecemento “estrela” é a “Rejata de  Embarcasións  Feitas á Machada e Propulsión a Pan de  Millo. Jran Premio Cutre Sark”. Para participar, hai que construír unha dorna (pequena embarcación de pesca) en grupo con decoracións canto máis divertidas, mellor. Celebrarase o día 24 na praia de Coroso. Preto desta praia é onde terá lugar tamén unha romaría, con degustación de viños e sardiñas.

Ademais da “regata”, a Festa da Dorna conta con moitos máis eventos atractivos para que vos acheguedes, entre elas “Top  Secret”, no que máis de 4.000 persoas agrupados desfilan polas rúas  parodiando un tema ou personaxe actual, ou o “Jran  Prix de carrilanas”, no que homes e mulleres, subidos en vehículos feitos por eles, descenden unha costa desde o “Alto dá Mámoa” ata a praza do Concello.

A festa acaba no Paseo do Malecón cun concerto no que interpretan o seu propio himno, “o himno dorneiro”.

Esta festa conta con máis actividades que preferimos que vexades en persoa. Aquí tes máis información  https://www.facebook.com/afestadadorna/

 

Romaría da Fraga

20 ao 25 de xullo –  As Pontes de García Rodríguez,  A Coruña.

A Romaría da Fraga ofrece un programa que inclúe actividades lúdicas e actos tanto musicais como relixiosos. Tamén se celebra un concurso de cabanas nas que logo, os “donos” dormen nelas durante todos os días de festa.

Mostra da Olería de Buño

20 ao 29 de xullo – Malpica de Bergantiños, A Coruña

Esta cita ten especial importancia no mundo da olería, por iso non podía celebrarse noutro sitio que non fose Buño. É unha localidade pequena, pero que se engrandece coa súa tradición oleira, á que aos poucos se lle suman pinceladas modernistas de mozos innovadores que viven o oficio. As diferentes personalidades dos oleiros vense representadas nas pezas mostradas nas exposicións. Dez días cargados de arte, diversión e cultura nun  completo programa de actividades.. Alí nos vemos!

Festa da Pescada do Petisco de Celeiro

Sábado, 21 de xullo – Celeiro, Viveiro, Lugo.

A protagonista desta festa gastronómica é a pescada. Este peixe branco poderalo degustar de mil formas en Celeiro: á galega, en “ caldeirada” ou en rica salsa verde, ademais de empanada e pizza. E como non, a especial “ Penalba”, un prato composto de pescada, ameixas, gambóns, cebola, dentes de allo, tomates, pemento vermello, pemento doce, viño branco, caldo de peixe, aceite de oliva e sal. Todo un gusto para o padal.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *