Que facer en Galicia a semana do 7 ao 13 de outubro

Que facer en Galicia a semana do 7 ao 13 de outubro

 

A axenda desta semana convídanos a gozar de festas tan tradicionais como o San Froilán, degustar os ricos sabores do noso mar e os noso campo, e gozar das estrelas que brillan no firmamento e nos escenarios. 

 

San Froilán

Ata o 12 de outubro. Lugo

Polbo, talleres, espectáculos de maxia e teatro, encontros literarios e moita música compoñen o programa de actividades co que os veciños de Lugo honrarán ao seu patrón durante toda a semana. O xoves, ademais, será o día dedicado ao Camiño Primitivo.

Máis información aquí

 

Festa do Marisco do Grove

Ata o 13 de outubro. O Grove

Os actos da  Festa do Marisco  do Grove continúan durante toda a semana. Ademais de visitar as casetas de degustación e venda, os asistentes poderán gozar todos os días de actuacións musicais.

Máis información aquí

 

Mes da Astronomía

A partir do 7 de outubro. Santiago de Compostela

A Biblioteca Ánxel Casal, de Santiago de Compostela, celebra coa colaboración do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e da Xunta (a través do programa O Teu Xacobeo) o Mes da Astronomía. Haberá varios talleres para nenos e saídas para observar o ceo.

Máis información aquí

 

FIOT

Ata finais de outubro. Carballo

A estrea en Galicia de “Juguetes Rotos”, e a posta en escena de “Jauría” son dúas das citas principais do Festival Internacional Outono de Teatro para esta semana. Tampouco faltarán as propostas máis alternativas do ciclo OTNI nin os monólogos da Rúa dos Contos.

Máis información aquí

 

Festival Internacional Galicreques

A partir do 12 de outubro. Santiago de Compostela

A vixésimo cuarta edición do Festival Internacional de Galicreques dará comezo esta fin de semana coas primeiras actividades do programa que se desenvolverá ata o día 20. O público poderá gozar de novo de espectáculos, cursos e exposicións arredor do mundo dos monicreques.

Máis información aquí

 

A Defensa da Vila

12 de outubro. Cangas

Cangas volve recrear o saqueo pirata que sufriu a localidade en 1617. Farao cunha representación na que se narrará tamén a historia de María Soliña, unha veciña que foi vítima dos acontecementos que se sucederon tras o ataque.

 

Feira do Mel

12 de outubro. O Valadouro

O municipio do Valadouro celebra este sábado a súa feira máis saborosa. O mel dá nome a esta cita que suma xa 32 edicións, pero os asistentes poderán atopar tamén outros produtos como castañas, cogomelos, froitas e hortalizas, ademais de postos de artesanía.

Máis información aquí

 

Queima dos Fornos

12 de outubro. A Pontenova

No marco das súas tradicionais Feiras de Outubro, A Pontenova rememorará este sábado a importancia que a industria mineira tivo no municipio coa Queima dos Fornos. Un espectáculo pirotécnico permitirá que as antigas estruturas levantadas para transformar o mineral recobren vida.

Máis información aquí

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *