Que facer en Galicia a semana do 18 ao 24 de novembro
Esta fin de semana celébrase a festividade de Santa Cecilia, patroa da música, así que os concertos gañan peso na axenda. Pero tamén haberá propostas para os amantes do cinema e os afeccionados á arte.
Galicia, un relato no mundo
Ata o 12 de abril. Santiago de Compostela
Xoias da arte universal como a Biblia Kennicott, a escultura “A Santa” de Asorey e os Códices Calixtinos da Biblioteca Vaticana e da Universidade de Salamanca son algunhas das pezas que logrou reunir na Cidade da Cultura a exposición “Galicia, un relato no mundo”.
Máis información aquí
Cineuropa
Toda a semana. Santiago de Compostela
As proxeccións do festival Cineuropa proseguirán durante toda a semana en diversos puntos de Santiago de Compostela como o Teatro Principal, o Salón Teatro, Cinema Numax, os Multicines Compostela e o Museo das Peregrinacións.
Máis información aquí
Santa Cecilia
22, 23 e 24 de novembro. Varios municipios
A música é unha arte que merece ser gozado todos os días, pero máis aínda chegado o 22 de novembro, día dedicado a Santa Cecilia, a súa patroa. Son moitos os municipios e entidades que programaron concertos para hoxe, o sábado ou o domingo. Seguro que tes algún preto.
Festivais musicais
22 e 23 de novembro. Vigo e A Coruña.
Quen dixo que os festivais musicais son só para o verán? Esta fin de semana serán varias as citas que terán ao seu alcance quen queira gozar destes formatos. En Vigo celebrarase o Super Bock Under Fest, que reunirá o venres 22 e o sábado 23 a máis dunha vintena de bandas. Na Coruña, o sábado 23 terá lugar a primeira edición do REC Fest, con grupos como Ska- P, Bastards on Parade e Dakidarría.
Xornadas micolóxicas.
23 e 24 de novembro. Varios municipios
O outono e a chuvia deixan nos nosos montes unha prezada colección de setas. Se es un apaixonado da micoloxía ou queres ter unha primeira toma de contacto con ese mundo poderás facelo esta fin de semana participando nas xornadas organizadas en numerosos puntos de Galicia. Consulta as axendas municipais.