“Os Maios” Ourense

Os Maios, Ourense

“Os Maios” Ourense
Os Maios, Ourense

Bosques propicios para o mago Merlín, terras gandeiras e madeireiras, logo de pasar Meira, na estrada de Lugo a Vegadeo e no límite con Asturias. Co testemuño dos fornos de limonita, a liña do vello ferrocarril e do efémero rexurdir industrial que hoxe é arqueoloxía para coñecer un tempo. Encrucillada de importantes feiras e percorrida por regatos que van ao Eo, tan favorables para a pesca. O día un de maio celébrase aquí a Festa da Troita, obrigado encontro gastronómico que se relaciona coa feira e coa exposición dos mellores produtos artesanais da zona.

“Terra da Chispa”, dos afiadores que percorren o mundo, con capital en Ourense, cidade do Santo Cristo, das pontes sobre o Miño e da fonte das Burgas, que verte auga fervendo. Aquí sábense celebrar as festas tradicionais relacionadas co ciclo agrario, tanto os Magostos, de fogueiras e de castañas, cada 11 de novembro -coincidindo co santo patrón, San Martiño- como as festas maiores do Corpus, ou a principios de maio os “Maios”.

Antiga e inxenua festa, moi celebrada en toda a provincia de Ourense e tamén polas vellas rúas e na praza Maior da súa capital. Tempo de culto á árbore florida da nenez e da xuventude, símbolos de vida e de fecundidade. Cristianizada por esa “Árbore de Redención” que é a cruz, como “Día da Santa Cruz”. O sabio instinto rural fai que os máis novos saquen en procesión os “Maios”, carrozas de flores e de froitos, con ídolos tramados de formas moi diversas: cónicos, cruceiros, figuracións, revestidos de follas verdes e de cor, aos que poden portar nos ombros ou sobre andas. Procesión acompañada de fileiras de nenos entoando, a golpe de paus, coplas e cantares satíricos e irónicos con claras alusións a temas da actualidade.


View Larger Map

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *