Mostra da Olería de Buño, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

No corazón das verdes terras de Bergantiños, cantadas por Pondal e pintadas por Sotomayor, está a parroquia de oleiros de Buño que, do 12 ao 20 de agosto, celebra unha gran exposición para poñer de relevo a significación das herdanzas ancestrais da arte do barro.
A “cocedura tradicional” no conxunto etnográfico de “Forno do Forte”, coa comida de peixes “A Carroa”, centra esta feira-festa dedicada a un dos centros oleiros máis representativos e antiquísimos.