Festival Internacional do Mundo Celta

Situada entre os sorprendentes Cabo Ortegal e Estaca de Bares, na caída da Serra da Capelada, da Coriscada e da Faladoira, camiños do santuario de Santo André de Teixido. Espazos de gran valor xeolóxico e onde o mar entra suavemente creando unha ría labiríntica.
Este espazo, de inmellorables praias, entre vestixios arqueolóxicos e tradicións de forte raíz céltica, a terceira fin de semana de xullo, é lugar de acampada e de solidariedade co céltico. Especialmente no musical e nas súas ramas de tradición e de contemporaneidade. Os mellores grupos musicais do occidente atlántico danse cita en Ortigueira.