Fiesta del Pimiento

Festa do Pemento, A Arnoia (Ourense)

Festa do Pemento
Festa do Pemento

O Ribeiro creado polo río Arnoia na súa desembocadura co Miño é un paraíso de viño, froiteiras, pementos e augas termais aproveitadas nun balneario que, como un altar, mira un Ribeiro e un Miño tranquilo, que tamén se pode percorrer en barco. O verán faise máis verán nesta parte do curso medio do Miño, comarca vixiada polo mítico monte do Coto de Novelle.

Imprescindible deterse nunha desas típicas tabernas con mesa, baixo os emparrados, degustando as anguías, as troitas, acompañadas deses pementos fritos que lle dan un aroma especial ao ambiente. Os bos viños da zona, os que lles dan nome a sabios recolledores, poñen o complemento xusto. Celébrase a primeira fin de semana de agosto, como unha chamada de atención para homenaxear e agradecer a riqueza da horta, nunha festa que conxuga as mellores tradicións de Galicia nuns espazos senlleiros.

View Larger Map

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *