Festa de Exaltación do Marisco O Grove (Pontevedra)

Festa de Exaltación do Marisco O Grove (Pontevedra)

Festa de Exaltación do Marisco O Grove (Pontevedra)
Festa de Exaltación do Marisco O Grove (Pontevedra)

O segundo domingo de outubro, durante a ponte do Pilar. Vila situada entre a ría de Arousa e a de Pontevedra, despois da inmensa praia e do santuario da Lanzada, este último do Concello de Sanxenxo, á que acoden as mulleres infecundas para tomaren o baño das “nove ondas”. Península de San Vicente que mira a illa de Sálvora, tal como sinala a tradicional canción: “¡Ai Sálvora, Ai San Vicente…as nenas bonitas hainas en …!”. Pero tamén obrigado punto de pasaxe para achegarnos á illa- balneario da Toxa, referencia imprescindible na historia do turismo de Galicia.

Nesta festa a degustación dun amplo mostrario de marisco é esencial, compañeiro imprescindible dos viños “Rías Baixas” e proba inequívoca das excelencias gastronómicas da zona.


View Larger Map

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *