Festa da Troita, Ponte Caldelas (Pontevedra)

Festa da Troita, Ponte Caldelas (Pontevedra)
Festa da Troita, Ponte Caldelas (Pontevedra)

A “moi leal” vila de augas, de fontes termais, balneario nas beiras de Oitavén e Verdugo, ríos que crean pintorescas praias fluviais. Núcleo xa no século XII asentado na terra de pasaxe, nos vellos camiños de arrieiro que, desde o mar de Vigo, conducían ás terras de Montes e ao Suido. Berce de emigrantes por toda América, especialmente no Brasil, o que se denota nas fermosas “casas de indiano”.

Parada e fonda propicia para canto significa probar, no seu tempo, a caza, a pesca e a boa cociña tradicional. Ríos de augas transparentes, que translocen o verde que lle dá nome ao Verdugo. Paraísos do pescador, afección ancestral en Galicia. A última fin de semana de maio marca o momento do “Concurso Internacional de Pesca Deportiva”, data e punto de encontro para os bos afeccionados a esta antiquísima práctica e deporte é a Festa da Troita, preparada en todas as súas especialidades, desde a máis simple e popular ata a máis sofisticada da “nouvelle cuisine” (nova cociña).


View Larger Map

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *