Festa da Ostra

Festa da Ostra
Festa da Ostra

Arcade. Soutomaior (Pontevedra)

Arcade despide o río Oitavén que se une co Verdugo no Salto do Inferno, para pasar por baixo da histórica Ponte Sampaio, escenario dos heroes do “canón de pau” nas loitas da independencia. Augas que van creando a célebre badía de San Simón, con aquela illa de amores de amigo, cantada no século XIII. Mar de Vigo co estreito de Rande dos galeóns e dos tesouros do século XVIII, que incomodaban o capitán Nemo, creado pola imaxinación do bretón Xulio Verne.

Aquí é onde se crían as anacaradas e saborosas ostras, as que Arcade de Soutomaior celebra na primeira fin de semana de abril. Produtos das augas dun mar de poesía e historias que aquí, neste tempo e sen máis axuda có limón, teñen un sabor único. Dificilmente pasará un ano sen volver degustar estes sabores e saberes de Arcade e dos seus tan vellos camiños, vixiados tanto pola ermida da Peneda como polo castelo do temible señor do século XV, Pedro Madruga de Soutomaior.


View Larger Map

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *