“Festa da Maruxaina” San Cibrao, Cervo (Lugo)

Festa da Maruxaina San Cibrao, Cervo (Lugo)

“Festa da Maruxaina” San Cibrao, Cervo (Lugo)
“Festa da Maruxaina” San Cibrao, Cervo (Lugo)

Horizontes cantábricos na Mariña Lucense, patria de emigrantes, de navegantes, de pescadores, como lembra o poético Museo Marítimo de San Cibrao. Vila con fondas raíces e vella vocación industrial, nacida dun mar incesante.

A festa da Maruxaina, que se celebra o segundo sábado de agosto, é un agradecemento popular a canto significa e produce o mar. Para isto baséase na lenda dunha serea que marca a vida da vila: uns din que lles axuda aos mariñeiros, outros que os seduce e que os engana. Portada polos mariñeiros, terá o seu xuízo na praia do Torno. Comitiva na que todos participan con velas e farois, para axustizar e, posteriormente, a vila concédelle o indulto á difamada serea.

Unha queimada popular, entre músicas e cánticos, ponlle o punto final a este encontro na praza da vila. Vellos mitos e tradicións reúnense aquí coa contemporaneidade.

View Larger Map

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *