Feira das San Lucas Mondoñedo (Lugo)

Feira das San Lucas Mondoñedo (Lugo)

Feira das San Lucas Mondoñedo (Lugo)

Situado entre a Terra Chá e a Mariña lucense, nos camiños de Ribadeo e de Asturias. Foi unha das sete capitais do Antigo Reino de Galicia, sé episcopal con catedral románica, auténtico museo. Espazo vinculado ás lendas dun célebre personaxe do século XV, o Mariscal Pardo de Cela, co seu vello Seminario Conciliar de Santa Catalina sobre o que xira esa cidade de músicos como Pascual Veiga e de escritores como Álvaro Cunqueiro.

Célebre igualmente polas súas tortas de améndoa. Os días próximos ao 19 de outubro, celebra feiras e festas, famosas polo mercado de gando cabalar. Obrigado punto de encontro entre as xentes da Mariña e das serras. Día e espazo para sentir o auténtico mostrario da artesanía e da gastronomía lucense e galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *