De Tapas por Galicia decide mañá cal é o mellor petisco

Apetitosas. Apetecibles. Saborosas. Novidosas. Espectaculares. Os adxectivos esgótanse á hora de definir as receitas que competirán mañá polo premio ao mellor petisco do ano na Gala Showcooking De Tapas por Galicia. Os cociñeiros premiados nos concursos das sete ciudades galegas reuniranse pola tarde no Hotel AC Palacio del Carmen, en Compostela, para tentar convencer ao xurado de que súa é a proposta máis excitante.

A decisión non vai ser doada para os membros do xurado, composto por profesionais da cociña, da crítica gastronómica e da xestión turística. Fromarán parte del Cesáreo González Pardal, secretario do Clúster de Turismo de Galicia; Miguel Ángel Campos, presidente do Grupo Nove de cociñeiros; Alberto Ribas, blogueiro; Cristóbal Ramírez, xornalista especializado en turismo; e Miguel González Quintela, presidente da Asociación de Cociñeiros de Ourense e gañador do Premio do xurado profesional na edición de 2017.

Na final participan Alejandro Martínez Bacelo (Café Vanessa, Ferrol); Sergio Musso e Francisco Chicón (Ecléctic, A Coruña); Álvaro Pérez Blanco (ArteSana Gastrobar, Santiago de Compostela); Rubén González Vallejo (El Cafetín, Pontevedra); Rafael Pérez Iglesias (La Carpintería, Vigo); Bianca Coura, Gerson Iglesias e Pablo Domínguez Veloso (A Adega das Caldas, Ourense); e Alejandro Méndez Lázare (Os Cachivaches, Lugo). Son unha gran representación da nova cociña urbana de Galicia, un dos grandes atractivos turísticos das nosas cidades.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *