Bueu celebra unha nova edición do SonRías Baixas

Tes plans para os días 3, 4 e 5 de agosto? Se aínda tes un oco libre na axenda, permítenos recomendarche o SonRías Baixas, festival que este ano chega á súa edición número XV e que, desde fai xa uns cantos, converteuse nun referente dos veráns galegos. Así, cada ano, e durante o primeiro fin de semana de agosto, a localidade pontevedresa de Bueu acolle este festival no que se mesturan paisaxes de conto, gastronomía e boa música. Para iso, contan con numerosos artistas galegos, nacionais e internacionais que, unha vez máis, levarán a súa música a este recunchiño do Atlántico.

O cartel desta edición está composto por bandas tan coñecidas como Estopa, The Soul Breakers ou a galega Ses, entre outros moitos, completando así unha lista que chega aos 15 participantes e na que se mesturan estilos tan diferentes como o rock, o ska, o punk ou o folclore. Ao programa de concertos únense unha serie de actividades que conforman o que desde a organización chaman “Experiencia SonRías” e que inclúen unha festa gastronómica e un festival audiovisual.

O punto gastronómico vén da man dos diferentes músicos que, durante o festival, cambian os seus instrumentos polos fogóns no que se fai chamar “Casa SonRías”, cociñando os seus pratos favoritos para ofrecer ao público asistente. Todo iso, ao ritmo de máis música en directo e nun ambiente inigualable.

Este ano, ademais, o festival audiovisual fará unha selección de curtas musicais nunha programación pensada especificamente para o SonRías Baixas e da que se poderá gozar ao longo da tarde do sábado 5, última xornada.

Cabe destacar tamén a zona de acampada coa que contan e que se sitúa nun enclave de beleza inigualable, á beira da praia principal da localidade.

A suma de todo iso fai deste festival unha experiencia difícil de esquecer para todo aquel que acode a descubrilo. De feito, na pasada edición e a pesar de estar pausado durante dous anos, máis de 16500 persoas achegáronse a Bueu, o que a converteu na edición máis exitosa e multitudinaria ata o momento.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *