A festa de Galicia, o noso día

O Día de Galicia, tamén coñecido como Día da Patria Galega, é a festa oficial da comunidade autónoma de Galicia desde 1979, e celébrase o 25 de xullo, día da festividade do Apóstolo Santiago.

As orixes desta celebración remóntanse ao ano 1919, ano en que se reúne en Santiago de Compostela a Asemblea das Irmandades da Fala, que acorda celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte. Dende entón, este día celébrase tamén o acto institucional da Ofrenda ao Apóstolo, cunha cerimonia relixiosa e unha recepción con presenza das autoridades de toda Galicia.

Trátase dun día moi especial na capital de Galicia, en Santiago de Compostela, onde do 15 ao 31 de xullo se organizan concertos, exposicións e diversidade de actividades. Un dos actos centrais é o espectáculo de fogos artificiais en honra ao Apóstolo na noite do 24 de xullo na Praza do Obradoiro. Ademais, nos últimos anos, ao espectáculo únense proxeccións multimedia sobre o Pazo de Raxoi que fan as delicias dos máis de 20000 asistentes ao evento. O día 25 ten lugar unha misa solemne na Catedral, onde o Rey ou un delegado da Casa Real fai a tradicional ofrenda ao Apóstolo Santiago. Nesa misa pódese ver o famoso botafumeiro, un incensario de xigantescas dimensións, percorrendo o cruceiro do templo á vez que se balancea con solemnidade e perfuma toda a cerimonia de incenso, envolvendo dun halo místico toda a escena. E só o mero feito de asistir a este espectáculo é outra experiencia única.

Aínda que os días grandes son o 24 e 25, durante esta quincena festiva hai decenas de actividades culturais que destacan pola súa calidade e diversidade. Música de todos os estilos, danza, teatro, pasarrúas ou verbenas invaden Compostela. A tradicional reunión de Bandas de Música de toda Galicia e as exhibicións de traxes rexionais e bailes folclóricos son outra das citas destas festas, que se pechan o día 31 con outro espectáculo de fogos artificiais.

Ademais, cando o 25 de xullo coincide domingo, celébrase o Ano Santo Compostelán ou  Ano Xacobeo, o cal incrementa notablemente a xa maiúscula afluencia de peregrinos á cidade.

É, por tanto, Santiago de Compostela, a protagonista indiscutible do Día de Galicia, debido ao seu marco incomparable, cunha Catedral que, coa súa espectacular beleza, álzase como unha das obras máis importantes da arte románico en España, gardando a tumba do Apóstolo e poñendo fin a todos os camiños de peregrinación a Santiago. É por iso que a festa foi declarada como Festa de Interese Turístico Internacional. Con todo, ao longo e ancho de toda a comunidade galega sucédense multitude de festexos que pretenden celebrar este día.

Se tes a oportunidade de achegarche á capital galega nestas datas, sen dúbida te levarás un extraordinario recordo para a posteridade.

A celebración é única!

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *