“Festa da Istoria” Ribadavia (Ourense)

“Festa da Istoria” Ribadavia (Ourense)

“Festa da Istoria” Ribadavia (Ourense)
“Festa da Istoria” Ribadavia (Ourense)

O núcleo histórico de Ribadavia, presidido polas ruínas do castelo dos Sarmiento -célebre polo tipismo do seu barrio xudeu, con sólidas casas e soportais-, o último sábado de agosto é o escenario para unha festa singular de reconstrución histórica sobre o ambiente xudeu.

Esta vila, que celebra tamén o seu Festival de Teatro, sabe o que é gozar do disfrace e da imitación, recreando con autenticidade o ambiente do medievo. Incluso circula como moeda o marabedí e os artesáns ofrecen un variadísimo mostrario das súas obras, polo que é fácil encontrarse nese paseo polo medievo cos señores, cos gremios, cos viñateiros, cos titiriteiros, cos “irmandiños”, cos verdugos… Neste día as adegas teñen un ambiente especial que lle dá vida á capital do Ribeiro.


View Larger Map

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *