Xogo de tronos na Mariña Luguesa

Galicia é unha fonte inesgotable de lendas, mitos e tradicións. A Santa Compaña, as  meigas ou a Raíña Lupa forman parte integrante do imaxinario galego. Un dos personaxes máis mitificados da nosa historia é o Mariscal Pedro Pardo de Cela. A mestura de historia e lenda que envolve o seu ascenso e caída en desgraza podería servir de inspiración aos guionistas de series como Xogo de Tronos, cambiando o escenario de “Desembarco do Rei” pola Mariña Lucense, xa que neste enclave atópanse dúas localizacións crave nesta historia: A Fortaleza da Frouxeira e o Castelo de Castrodouro.

 

Pedro Pardo de Cela (cuxo nacemento se data arredor de 1425) foi un dos máis influentes señores feudais do bispado de Mondoñedo. O seu matrimonio con Isabel de Castro, sobriña do poderoso bispo de Mondoñedo, afianzou o seu poder. Como dote, Isabel achegou a propiedade da inexpugnable Fortaleza da Frouxeira, situada no municipio de Foz, aínda que o matrimonio fixara a súa residencia en Viveiro.

 

A morte do bispo, poucos anos despois do matrimonio, dá inicio a unha serie de enfrontamentos entre Pardo de Cela e o novo bispo acerca da titularidade do dote outorgado por Isabel de Castro. Ao enfrontamento co bispado, súmase o desencontro cos Reis Católicos, provocado polo apoio do Mariscal a Xoana a Beltranexa segundo unhas fontes, ou por influencia do bispado, segundo outras. Isto provoca a expulsión de Pardo de Cela de Viveiro, ante o que o matrimonio busca refuxio na Fortaleza da Frouxeira.

 

Atrincheirado na fortaleza, e firme na súa negativa a devolver os bens recibidos en dote, o  Mariscal é xulgado en rebeldía e condenado á morte. Para asegurar o cumprimento da sentenza, os Reis Católicos envían ao mercenario francés Luís Mudarra, acompañado de 300 xinetes. Tras unha longa resistencia, Pardo de Cela aproveita un descanso no asedio para trasladarse ao próximo Castelo de Castrodouro onde finalmente, traizoado polos seus serventes, é arrestado, fixándose data para a súa execución na Praza de Mondoñedo, fronte á Catedral.

 

Ante o inevitable fin, Isabel de Castro acode a Castela a negociar o indulto do seu marido, e con el no seu poder, emprende o camiño de volta, coa esperanza de chegar a tempo de deter a execución. Conta a lenda que tras 10 días de viaxe e chegando a Mondoñedo o mesmo día da execución, 3 enviados do bispo entretiveron a Isabel de Castro na ponte de entrada á cidade, impedindo que o indulto chegase ao seu destino. Desde entón, a ponte recibe o nome de Ponte do Pasatempo.

 

Pardo de Cela sería decapitado, e di a lenda que mentres a súa cabeza caía rodando polos chanzos do estrado, os seus beizos repetían as palabras “credo, credo, credo”. Algunhas versións interpretan que as palabras foron “clero, clero, clero”, mentres que outras sosteñen que os sons correspondían ao ruído provocado polo impacto da súa cabeza contra os chanzos ao caer.

 

Unha historia sen dúbida fascinante e rodeada de lenda, que poderás revivir visitando os lugares crave onde se desenvolve. A vila de Mondoñedo, onde poderás coñecer a súa Catedral, pasear polo Barrio dos Muíños, onde se concentran obradoiros de artesanía e venda de produtos artesáns, ou a famoso Ponte do Pasatempo, onde Isabel de Castro foi retida co fin de non chegar a tempo co indulto do seu marido.

En canto á Fortaleza da Frouxeira, atópase na parroquia de Santa Cilla do Valadouro, no municipio de Foz, provincia de Lugo. A 427 metros sobre o nivel do mar, lamentablemente só quedan algunhas ruínas do que foi este inexpugnable castelo. O Castelo de Castrodouro conserva algunhas estruturas exteriores da torre da homenaxe. Atópase no municipio de Alfoz e tras ser abandonado no século XVII, na actualidade é sede dalgunhas dependencias municipais como un punto de información turística, unha sala de exposicións, e un museo.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *