Val do río Navea

Val do río Navea
Val do río Navea

Situación – Concellos ourensáns de San Xoán de Río e A Pobra de Trives.

Superficie –  706 ha.

Acceso – Desvío por estradas locais a partir da OU-536 (Ourense-A Rúa) ao seu paso polo concello da Pobra de Trives.

Servizos –  Aloxamento e comida: Si.

Outros espazos naturais relacionados / próximos – LIC “Macizo Central” Monumento Natural “Souto de Rozabales”

Ribeira dos castiñeiros

O río Navea rende as súas augas no Bibei pouco antes de que este desaugue á súa vez no Sil, ao cal lle espera o mesmo no Miño. Toda unha carambola das augas que pon en contacto o Macizo central ourensán co maior sistema fluvial do noroeste peninsular, o Miño-Sil.

Todos estes ríos labraron corredores naturais cunha paisaxe a medida. O val do Navea é o que se conserva menos alterado. Destaca polo predominio da vexetación arbórea, como a gran fraga de San Xoán de Río a un lado do río e ao outro un dos afamados soutos da comarca de Trives. Históricos castiñeiros acompañados dos sequeiros, construcións dun andar empregadas para secar as castañas. Algúns están a ser rehabilitados.

No comezo do espazo protexido está un dos seus principais atractivos: Ponte Navea, construído na Idade Media sobre os restos da antiga ponte romana.


View Larger Map

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *