Termas de Ourense

Os romanos xa se namoraron das súas fontes termais, ademais do ouro e do viño da zona, e cada vez son máis os que viaxan a Ourense para gozar das súas pozas e piscinas naturais. Capital Termal de Galicia, por toda a provincia atopamos lugares incribles e non demasiado coñecidos, pero sen irnos lonxe, no centro da cidade recíbennos As Burgas, cun manancial de auga a máis de 60º e unha gran piscina gratuíta ao aire libre para poder relaxarse en pleno centro histórico.

Seguindo o paseo do Miño, o río que atravesa a cidade, continúa o noso percorrido pola súa beira dereita onde se sitúan as termas máis coñecidas e frecuentadas: A Chavasqueira e Outariz. Ambas teñen estilo xaponés, con moita madeira e bambú, detalles de cultura zen e con parte tanto pública como privada. Os circuítos termais inclúen piscinas de auga fría e quente, sauna e tratamentos, ademais contan con cafetería onde poder terminar o día cunha boa cunca de té.

outariz-1

Outra opción son as pozas do Muiño das Veigas, tamén a beiras do Miño e con área recreativa para pasar o día. O seu nome débese a que están situadas á beira dun muíño agora rehabilitado, as augas chegan a alcanzar os 70º e son aconsellables para problemas da pel, reuma ou artrose.

Tamén confiando nas súas propiedades curativas moitos visitan a Fonte do Tinteiro  e  as Burgas de Canedo, cerquiña da Chavasqueira e Outariz respectivamente, e dentro da Ruta Termal do Miño. Esta contribuíu a situar a Ourense como a 2ª cidade en Europa con máis reservas en turismo termal detrás de Budapest.

burgas-936053_1920

A calquera delas pode chegarse camiñando desde o centro da cidade, o paseo pola beira do río é realmente agradable, con zonas axardinadas, xente facendo deporte e parellas paseando. Ademais hai autobuses urbanos que chegan ás termas e un tren turístico que sae da Praza Maior.

Sen saír da cidade e nunha contorna inmellorable, é unha visita imprescindible para todo o que se achegue a Ourense. Un baño nunha piscina natural, a beiras do Miño, á tardiña ou en plena noite, no verán ou durante o frío inverno, é algo que ninguén debería perderse.

www.maruxainaysumochila.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *