Ruta termal e do Camiño do norte

Viaxar en tren é sen dúbida unha das mellores maneiras que existen de descubrir un destino. Unha aposta segura para todos os orzamentos e viaxeiros con conciencia ecolóxica, os seus beneficios son ben coñecidos por todo o mundo e van máis aló do seu encanto inherente e escénicos traxectos, incluíndo un gran confort que convida a quen o elixe a relaxarse e gozar do traxecto.

Por sorte para todos os amantes de Galicia, nesta rexión contamos con varios trens turísticos que integran cultura, natureza, historia e experiencias únicas.

Este pasado fin de semana, tivemos a oportunidade de descubrir unha delas: A ruta termal e do Camiño norte que parte desde a estación de trens da Coruña. Con tres traxectos crave e seis puntos destacados diferentes, velaquí o que o viaxeiro se atopará na mesma.

Ruta Termal e do camiño do Norte - A World to Travel (1 de 13)

1.Tres agradables traxectos en tren. Á primeira hora da mañá desde A Coruña a Guitiriz, antes da comida de Guitiriz a Lugo e regreso de Lugo á Coruña a última hora da tarde. Inclúe traslados en autobús aos principais puntos de interese da ruta e o servizo dun guía acompañante durante toda a xornada.

2.Unha hora e media no Balneario e Club de golf de Guitiriz, cuxas augas dise gozan de propiedades curativas e que está rodeado por un bosque espectacular.

Ruta Termal e do cami+¦o do Norte - A World to Travel (4 de 13)

3.Unha visita guiada á capela de Santo Alberte en Guitiriz, unha construción de estilo gótico que data do século XIII.

4.Unha ruta de sendeirismo de 2 quilómetros ao longo dunha das últimas etapas do Camiño de Santiago Norte entre Baamonde e Sobrado dos Monxes, na que se pode apreciar a frondosa vexetación que caracteriza a Galicia.

5.Un paseo pola cidade de Lugo, que inclúe visitas á súa catedral, centro histórico e prazas emblemáticas ademais da entrada a dous museos de recente apertura que axudarán aos visitantes para comprender o pasado romano desta cidade, Lucus Augusta, e como esta se desenvolveu a partir dun campamento romano da sexta lexión fai un dous mil anos.

  • Centro de Interpretación da Muralla
  • Casa dos Mosaicos

Ruta Termal e do camiño do Norte - A World to Travel (9 de 13)

6.Unha pequena ruta polas súas murallas, Patrimonio Mundial da Unesco, á tardiña para finalizar o percorrido.

Con tal variedade de experiencias, presentadas nun completo paquete turístico, estamos seguros que todos os visitantes que se animen, pronto poñerán as súas miras na próxima expedición. Nunca foi tan sinxelo coñecer a diversidade de Galicia!

www.aworldtotravel.com

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *