Río Cabe

Situación – Na comarca de Terras de Lemos, ao sur de Lugo, concellos de Bóveda, O Incio, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Pantón e Sober.
Superficie – 1.576,53 ha.
Acceso – A estrada LU-546 (Lugo- Monforte de Lemos) atravesa de norte a sur este espazo.
Servizos – Aloxamento e comida nas vilas de referencia.
Outros espazos naturais relacionados / próximos: LIC “Ancares-Courel” “Canón do Sil”
A metade do espazo pertence aos ameneiros, salgueiros e freixos acompañadas doutras masas forestais autóctonas e de repoboación. Trátase dunha galería vexetal á beira do Cabe, na conca do Sil, desde as montañas do Courel ata a chaira de Monforte de Lemos. Recoñece ademais moitos dos seus tributarios como o Carabelos, o Cinsa e o Mao dentro da rede fluvial protexida.
A variabilidade climática do territorio tamén se traduce en diversidade de escenas. Por exemplo, a pouco frecuente en Galicia dun río conxelado como a do Cabe baixo a Ponte Vella de Monforte de Lemos. Pontes e muíños modestos e fermosos son o patrimonio, pero tamén os pazos señoriais, adegas entre viñedos e arte relixiosa.