Ría de Foz-Masma

Ría de Foz-Masma

Ría de Foz-Masma
Ría de Foz-Masma

Situación – Entre A Mariña Central e Oriental de Lugo, nos concellos litorais de Foz e Barreiros e interiores de Mondoñedo e Lourenzá.

Superficie – LIC 575,17 ha das cales 343 ha son augas mariñas.

Acceso – Estradas N-642 (Ferrol-Ribadeo) e N-634 (desde Mondoñedo).

Outros espazos naturais relacionados / próximos: Monumento Natural “A praia das Catedrais”

O Masma é un digno representante dos ríos da vertente cantábrica galega. Curto percorrido (46,2 km); nacemento sobre os 900 metros de altitude e forte poder erosivo que se traduce en amplos vales como o de Mondoñedo; galería vexetal autóctona entre bosques de repoboación; e, por último, formación de Rías Altas acompañada na desembocadura de chairas intermareais rodeada de marismas. No caso da ría de Foz, pechada polas praias da Rapadoira, na marxe esquerda, e a praia do Altar, na dereita. O esteiro é un punto de parada migratoria e invernada de aves recoñecido internacionalmente.

Ao redor do río, uno dos grandes na pesca do salmón de Galicia, existen moitas rutas. Unha das máis recomendables, aínda que hai que estar en forma para vencer a subida a pé, é a da pena Cornería (437m). O tesouro está na paisaxe coas panorámicas de todo litoral mariñán. Existen outros miradoiros accesibles como o Pico da Lebre (Foz), e áreas recreativas como a da Fervenza (Viloalle) con piscinas fluviais artificiais nun afluente do Masma próximo a Mondoñedo.

 


View Larger Map

Guardar

Guardar

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *