Penedos de Pasarela e Traba

Penedos de Traba, Laxe
Penedos de Traba, Laxe

Situación – Concellos de Laxe e Vimianzo, na Costa da Morte coruñesa.

Superficie – 212 ha.

Acceso – Varios desvíos desde a AC-552 cara á costa de Laxe.

Servicios – Aloxamento e comida, nas proximidades.

Outros espazos naturais relacionados / próximos – LIC “Costa da Morte” LIC “Río Anllóns”

Corpo de pedra, alma de lenda

Admirados miradoiros son os catro cumes que rodean o val do Traba, aberto ao océano nun extenso areal con lagoa costeira incluída. Desde a praia, eles mesmos son unha das vistas panorámicas máis espectaculares da Costa da Morte (LIC). Pedra sobre pedra elévanse ata os 274 metros de altitude e proclaman o seu nome, segundo a forma ou a lenda con que a tradición os bautizou. A Pena dos Mouros, Pena Forcada, O Castelo e a Torre da Moa son os nomes dos catro picos que delimitan o espazo.

Podemos ascender a pé desde o lugar da Costa, na parroquia de Traba, ou mellor desde o sur, nun itinerario que comeza en Pasarela, parroquia de Calo. Aquí a imaxinación popular dotou de nomes descritivos as rochas máis singulares da paisaxe. A Cachucha, O Berrón, A Aguia, A Tartaruga, O Gardián son algún deles. Nos mesmos documentos legais que os protexen, fálase de escenario onírico creado pola acumulación de formas pétreas. Morfoloxías animais e humanas que en cada nova ollada poñen a proba a imaxinación.

A parte do seu valor estético ou paisaxístico as formas teñen un enorme valor científico porque permiten coñecer cal foi a evolución da paisaxe.

 


View Larger Map

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *