
Situación – Limítrofe con Portugal e asemade coa provincia de Zamora. Concellos da Gudiña e A Mezquita (Ourense).
Superficie – 5.853,81 ha.
Acceso – Na autovía das Rías Baixas A-55 ou na nacional N-525, saída cara á Mezquita con desvío pola estrada provincial OU-311.
Servizos – Nas localidades de referencia.
Outros espazos naturais relacionados / próximos: LIC “Pena Trevinca”
Este lugar oriéntase na liña do corredor verde desexable entre o Macizo Central ourensán e o grande Parque Natural portugués de Montesinho, que abrangue toda a raia lusitana desde Zamora ata Ourense. Na parte galega comprende a serra da Esculqueira (1.149 m) e o sonoro Penedo dos Tres Reinos (1.004 m), punto de unión da tripla fronteira histórica dos reinos medievais de Portugal, Galicia e León.
Teñen merecida sona as amplas masas de castiñeiros que se forman nesta comarca de media montaña. Nos altos predomina o monte baixo que acolle poboacións estables de lobo e corzo.