Pena Corneira

Pena Corneira
Pena Corneira

O corno de pedra duns dez metros en vertical érguese sobre outros grandes pelouros para asomar íntegro entre a vexetación. Deste xeito, Pena Corneira constitúe o referente visual desde case calquera punto do val do Avia, na comarca vitivinícola do Ribeiro. Acompáñano ademais moitos outros penedos de curiosa feitura ou combinación. Entre eles predominan os bolos de formas arredondadas, amontoadas, corredores entre paredes pétreas, pías e outras formas erosivas. Todo isto nunha paisaxe de media montaña que conserva ademais a súa cuberta vexetal autóctona en moitas partes.

A subida pode realizase a pé pola ruta de sendeirismo que parte do parque fluvial de Leiro, a uns nove quilómetros do cume. O camiño está acondicionado con pasarelas e escaleiras nos treitos máis abruptos e ten interesantes derivacións á área etnográfica do Regato do Foxo, cun conxunto de seis muíños e trinta hórreos rehabilitados, ou cara á igrexa románica de San Tomé (Serantes). Tamén se pode acceder en coche ata o parque forestal próximo á propia base de Pena Corneira ou, desde o mesmo lugar, ao miradoiro do Outeiral. Sen dúbida os mellores sitios desde onde gozarmos deste Monumento Natural, por extensión o meirande da comunidade autónoma.

Linda con este espazo protexido o bosque de Ridimoas (Beade), propiedade da asociación cultural-ecolóxica do mesmo nome que promove a súa rexeneración e difusión didáctica.

Situación– Comarca ourensá do Ribeiro, concellos de Carballeda de Avia, Leiro e Avión.

Superficie – 998 ha.

Acceso – Desvíos na estrada provincial OU-504 (Ribadavia-O Carballiño), ben en Leiro ou ben Beade, (OU-212) cara ao concello de Avión.

Servizos – Aloxamento e comida nas localidades próximas.

Equipamentos – Paneis informativos.

Outros espazos naturais relacionados / Próximos – “Serra do Suído”


View Larger Map

2s comentarios

  1. Boas,
    tanto a localización como o texto descritivo non pertencen á Pena Corneira se non a fraga de catasós, deberían corrixir esa información.

    Situación – Está situado entre los términos municipales de Leiro, Carballeda de Avia y Avión, dentro de la comarca de O Ribeiro, en la provincia de Ourense. Desde el punto de vista geológico, se trata de una proplongación al norleste de la vecina Sierra del Suído, localizada entre las cuencas del río Avia y del Miño.

    Superficie – aproximada de 998 ha.

    Acceso – Carretera N-504 hasta A Ermida. Continuar por la carretera OU-212 (A Ermida-Avion-Beade), que lleva al centro del Espacio Natural.

    O bien por la carretera OU-504 (Cea-Ribadavia) hasta Gomariz, cogiendo luego para Leiro.

    Servizos – Aloxamento e comida en Leiro – Parador Nacional do Mosteiro de San Clodio.

    Equipamentos – Paneis informativos.

    O único que está ben é a foto e o título.
    Saúdos

    1. Moitas grazas polo aviso, sen dúbida houbo un erro do publicador, o cal puxo todos os datos de “Fraga de Catasós” menos o título e a foto.

      Eliminamos momentaneamente o post non sen reiterarlle de novo as grazas pola súa colaboración.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *