O cemiterio melancólico das Ruinas de Santa Mariña Dozo

“O máis melancólico camposanto do mundo.”

Álvaro Cunqueiro

Aínda que os camposantos son o destino definitivo para moitos, tamén son -en ocasións- zonas de especial atractivo para os que lles gusta pasear entre panteóns, admirar a arte que os adorna e por suposto, presentar os seus respectos aos defuntos. Máis aló das sepulturas, algúns cemiterios son lugares de gran valor arquitectónico e histórico polo legado que gardan os seus muros e pedras, como é o caso das ruínas de Santa Mariña Dozo, no municipio pontevedrés de Cambados.

Sobre unha capela románica do s. XII, D. Lope Sánchez de Ulloa construíu aa igrexa de Santa Mariña Dozo que foi restaurada e ampliada pola súa filla Dna. María de Ulloa no século XV, son hoxe en día un auténtico museo ao aire libre.

A igrexa ten unha soa nave dividida por catro arcos transversais que captan a atención de lonxe. Ademais das cinco capelas laterais, a sancristía e a capela maior. Unha vez dentro, pon atención: un dos arcos representa un dos sete pecados capitais -a preguiza-, mentres que nas capelas sobresaen iconografías de escenas bíblicas como a Visitación, Cristo, a expulsión do paraíso e de novo, os pecados capitais. Desde logo, non se trata dun lugar que poidamos visitar sen tempo. Toma todo o tempo que necesites e seguro que non se che escapa ningún detalle.

Declarada Monumento Nacional no 1943, foi abandonada por razóns políticas e relixiosas alá polo século XIX trasladándose a igrexa parroquial ao convento de San Francisco. Desde entón seguiu funcionando como cemiterio da parroquia e coñécese hoxe, como ‘o cemiterio máis melancólico do mundo’, segundo as palabras de Álvaro Cunqueiro.

Máis tarde, no ano 2014, as Ruínas de Santa Mariña Dozo foron recoñecidas como un dos monumentos funerarios máis relevante a nivel nacional, ademais de quedar incluídas na Asociación de Cemiterios Significativos de Europa. Un recoñecemento que propón á vila cambadesa dentro dunha alternativa cultural que, a través dunha rede de cidades, ofrece visitas guiadas aos seus cemiterios e informa da importancia do patrimonio funerario europeo.

Despois da visita, acabar o día subindo ata o Monte da Pastora para ver como cae o sol e Cambados tínguese de vermello e laranxa, é unha marabilla. Alí atoparás a coñecida como Capela da Pastora, onde cada ano se celebra unha romaría en honra á Virxe da Pastora.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *