Muralla de Lugo: a única muralla romana do mundo que conserva todo o seu perímetro

Cando falamos de Lugo pensamos inmediatamente na súa muralla romana, pero… sábelo todo dela?

Foi Paulo Fabio Máximo o que, no ano XIII a.C., fundou a cidade de Lugo, antigamente chamada “Lucus Augusti” (en honra ao emperador César Augusto). Faise necesario entón levantar un muro para defender a cidade dos ataques inimigos construíndo tamén, ao longo do seu percorrido, case un centenar de torres (hoxe en día son case setenta as que se conservan). Con todo, non é ata o século III d.C. que se remata coa construción do que hoxe en día é un dos monumentos máis importantes do mundo. Aínda que nos seus inicios eran cinco as portas abertas na muralla, cos anos fóronse abrindo máis (ata chegar a dez), á vez que se construíron casas nos ocos das torres. As portas de madeira que había en cada entrada permaneceron no seu sitio durante séculos, e desapareceron de maneira definitiva no ano 1877, deixando acceso libre ao interior dos muros.

Nas súas orixes, a muralla contaba tamén cun foso de arredor de 20 metros de ancho e cun intervallum, que era unha especie de paseo interior entre a propia muralla e as edificacións que se levantaron por dentro. Estes dous elementos supoñían un complemento á hora de defender a cidade. Pero ademais de ser un elemento de defensa, a muralla tamén delimitaba o foro e, por tanto, os impostos para cobrar.

Dentro, o asentamento urbano de máis antigüidade da nosa comunidade e principal eixo dos tres conventos xurídicos que conformaban Gallaecia na época do Imperio Romano. No século VIII sufriu a ocupación musulmá, sendo reconquistada de novo por Alfonso I anos despois. O seu grande desenvolvemento tivo lugar, con todo, no século XII, ao converterse en lugar de paso dos peregrinos do Camiño de Santiago, mantendo a súa grandeza ata o ano 1528, no que o rei Carlos I decide nomear á cidade capital do Reino de Galicia. Curiosamente, é a partir de aquí que inicia un declive que durará ata o século XVIII, cando empeza a crecer de novo e a dotarse de melloras económicas, culturais e institucionais que co tempo fixeron que se modernizase e alcanzase de novo a súa histórica importancia como centro urbano.

Actualmente, a muralla consérvase de maneira extraordinaria sendo, ademais, a única muralla romana do mundo que permanece enteira. É por iso que resulta bastante común atopar a xente camiñando por encima nun paseo de algo máis de dous quilómetros no que, ademais de gozar dunhas vistas excepcionais, un remata por deixar ao un ladiño o tempo para sentir que forma parte da Roma Imperial.

O que fai especial a esta muralla é, por tanto, o feito de resistir hoxe en día intacta. Quizá por iso foi declarada Monumento Nacional en 1921 e, no ano 2000, recibía o nomeamento de Patrimonio da Humanidade. Ademais, no ano 2007 irmanouse coa Gran Muralla Chinesa de Qinhuangdao.

Estamos, en definitiva, ante un lugar cuxa gran riqueza cultural e histórica fai que a visita mereza a pena de principio a fin.

4s comentarios

  1. De verdad en gallego??? Hemos perdido el norte…….no voy a compartir ya que ningún amigo se va a enterar de nada como para querer organizar una escapada.

  2. Impresionante la información histórica cultural. España y Galicia es un surtidor del paso del hombre en la evolución del mundo. Como hijo de español me seduce poner mis pies en tierras tan queridas y disfrutarlas en toda su pilicromia de formas y colores. Penosamente ya veterano siento que quedará en un deseo ya que mis condiciones económicas me coartan el profundo deseo de viajar de donde partieron hace dos siglos mis ancestros. Magnífico divulgar todo el material que de alguna manera nos permite a la distancia consolidar lo que el relato, recuerdo y la imaginación nos construye por amor. Felicitaciones por tan hermosa tarea y adelante!

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *