Monte Faro

Monte Faro

Monte Faro
Monte Faro

Situación – Límite provincial de Pontevedra e Lugo, nos concellos de Carballedo, Chantada e Rodeiro.

Superficie – 3.002,29 ha.

Acceso – A vila de Chantada atópase na estrada N-540 (Lugo-Ourense) e desde aquí cruza a parte norte da serra a CRG 2.1 Monforte de Lemos-Lalín.

Servizos – Aloxamento e comer nas proximidades.

Outros espazos naturais relacionados / próximos: LIC “Pena Veidosa”

A ermida e área recreativa do Monte Faro (1.187m) coroa o cume desde o que se dominan amplas vistas das catro provincias galegas. Os altos desta serra son suaves, lixeiramente achairados, e pola súa situación na Dorsal Galega reciben abundantes precipitacións, con anos de nevaradas.

Nas abas as formacións boscosas autóctonas adquiren relevancia na paisaxe, tradicionalmente moldeada pola actividade agrogandeira. Consérvanse entre as terras de labor boas mostras de carballeiras, con exemplares de gran porte nalgunhas zonas.


View Larger Map

Guardar

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *