Miño-Neira

Situación – Augas abaixo da cidade de Lugo. Concellos de Guntin, Lugo, O Corgo e O Páramo.
Superficie – 842 ha.
Acceso – Saída cara a Sarria na autovía A-6 e logo desvíos na estrada N-VI.
Servizos – Aloxamento e comida nas localidades de referencia.
O Neira deita as súas frías augas das montañas orientais de Lugo pola marxe esquerda do Miño. Trátase dun río con gran riqueza ecolóxica que desde o lugar da Ponte de Neira ata a desembocadura no gran cauce forma parte deste espazo protexido. Ao estar integrado na Reserva da Biosfera “Terras do Miño” posúe rutas de sendeirismo e áreas recreativas fluviais.
Atópanse excelentes representacións de bosques de galería que conta ata cunha insua arborada. Tamén son salientables as paisaxes agrarias entre cuxos valores naturais figuran as sebes.