Enseada de San Simón

Enseada de San Simón

Enseada de San Simón
Enseada de San Simón

Situación – Interior da Ría de Vigo, concellos de Moaña, Pontevedra, Redondela, Soutomaior e Vilaboa.

Superficie – 2.252,06 ha.

Acceso – Estradas entre Vigo e Pontevedra: pola banda dereita a N-550 e a AP-9; pola esquerda, núcleo de comunicacións en Redondela (N- 552, N-555).

Servizos – Aloxamento: Si. Comer: Si

Equipamentos – Centro de Interpretación das Illas San Simón e San Antonio. Reserva de barco e xestión de visitas durante o verán:

Tel.: 986 903 884 – 671 035 030
Web: www.illadesansimon.org Aula da Natureza de San Xulián- Cotorredondo .
Solicitudes no Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra e web.

Semella un lago. A enseada final da ría de Vigo de case oito quilómetros de lonxitude por catro de anchura vese reducida no estreito de Rande a uns 700 metros. Ese é ademais o seu límite en profundidade, pois unha boa parte da cubeta desáugase durante a baixa mar e outra parte son augas superficiais. Verde é a chaira que se descobre coas mareas, rica en mariscos bivalvos como as ostras de Arcade e aves acuáticas. Pero tamén rica en literatura: cantigas de amigo dos trobadores da ría de Vigo e aventuras de Vinte mil leguas baixo dos mares de Verne mesturadas cos tesouros dos galeóns afundidos en Rande.

As antigas salinas do Ulló, no barrio de Paredes (Vilaboa), permiten un doado acceso polos seus murallóns a este espazo natural. O referente cultural da enseada está na illa de San Simón, cun centro de interpretación para explicar a súa longa historia e diferentes usos desde lazareto a campo de concentración. Visitable principalmente no verán desde os portos de Cesantes (Redondela) e Santo Adrán de Cobres (Vilaboa). Fóra deste espazo protexido, na península do Morrazo, sitúase o Parque de Cotorredondo que conta cunha Aula da Natureza xunto ao lago Castiñeiras.


View Larger Map

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *