Encoro de Abegondo-Cecebre

Encoro de Abegondo-Cecebre

Encoro de Abegondo-Cecebre
Encoro de Abegondo-Cecebre

Situación – Concellos de Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral e Oza dos Ríos, ao sueste da cidade da Coruña..

Superficie – 493,41 ha.

Acceso – Desde A Coruña, estrada por Cambre; ou varios desvíos na estrada N-VI. A local AC-221 pasa pola presa e cruza o encoro.

Aloxamento: Si. Comer: Si.

Equipamentos – Aula da Natureza de Crendes (Abegondo). Tel.: 981 647 916. Observatorio de aves.

Outros espazos naturais relacionados / próximos: LIC “Betanzos-Mandeo”

O encoro dos ríos Mero e Barcés, a pouco máis de vinte quilómetros da cidade da Coruña, converteuse desde a súa creación no ano 1976 no espello dunha plácida estampa terreal. Benigna no climatolóxico e xenerosa por natureza, a paisaxe ao servizo do abastecemento urbano de augas conseguiu un alto grao de adaptación natural.

Ademais das zonas onde o nivel das augas rolda unha media de seis metros de profundidade, con puntos máximos de quince, formáronse nas colas fluviais senllas áreas pantanosas con prados e bosques inundables de gran valor ecolóxico. O espazo protexido desprégase augas arriba polas ribeiras de ambos os ríos. No corazón de todo isto sitúase a Aula da Natureza de Crendes (Abegondo) con forte vocación de visitas escolares e todo un clásico dos afeccionados á observación de aves.

Próxima tamén está Villa Florentina (981 676 052), a casa museo do escritor Wenceslao Fernández Flórez que inmortalizou a fraga de Cecebre coa novela El bosque animado.


View Larger Map

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *