Cruzul-Agüeira

Cruzul-Agüeira

Cruzul-Agüeira
Cruzul-Agüeira

Situación – Nos Ancares lucenses, concellos de Becerreá e As Nogais.

Superficie – 618,46 ha.

Acceso – Pola A-6 ou pola N-VI ata Becerreá.

Servizos – Aloxamento e comer nas proximidades.

Outros espazos naturais relacionados / próximos: LIC “Ancares-Courel”

O outono descobre por contraste a presenza das perennes aciñeiras rodeadas de especies caducifolias. É un dos momentos estelares do bosque maduro que acompaña o conca alta do río Navia, entre Doncos e Becerreá, con algúns dos seus afluentes. A beleza do lugar non necesita aviso mesmo para os viaxeiros que circulan rápidos pola autovía que cruza este espazo natural.

En Agüeira atravesamos un excelente souto de castiñeiros con tendencia a converterse en bosque mixto de carballos nas cotas altas. E xa nas proximidades de Cruzul, próximo a Becerreá, acharemos o estraño caso do aciñeiral mediterráneo encravado aquí no dominio atlántico, nunha zona de montaña. A súa presenza está asociada ao substrato rochoso calcario nunhas zonas concretas do val.

Nalgúns treitos as rutas de sendeirismo seguen o trazado das vellas corredoiras cargadas tamén de significado histórico. É o caso, por exemplo, da ponte do río Cruzul, escenario de acontecementos bélicos ocorridos hai douscentos anos, na Guerra da Independencia.


View Larger Map

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *