Complexo Ons-O Grove

Complexo Ons-O Grove

Complexo Ons-O Grove
Complexo Ons-O Grove

Situación
Entre a ría de Pontevedra e o sur da ría da Arousa. Concellos de Bueu, Sanxenxo, O Grove, Meaño, Ribadumia, Cambados e A Illa de Arousa.

Superficie
LIC: 7.506,75 ha (das cales 5.517 ha son augas mariñas).

Acceso
Autovía do Salnés (AG-41) e estradas desde Sanxenxo (PO-308) e Vilagarcía de Arousa (PO-549) ata O Grove, esta última con desvío á ponte da Illa de Arousa.

Servizos
Aloxamento: Si. Comer: Si.

Máis información
Oficina do Parque Nacional das Illas Atlánticas (tel. 986 246 550).
Punto de Información Illa de Ons (tel. 986 687 696).

Equipamentos
Centro de Interpretación da Natureza do monte Siradella, O Grove (tel. 986 680 284). Observatorios de aves (illa de Ons e O Grove).

Outros espazos naturais relacionados / próximos: 
Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas
Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Mar de Arousa    

O istmo da Lanzada, ademais de atar O Grove co continente, é o punto de unión de dous ecosistemas de rica biodiversidade marítima. En mar aberto o espazo protexido abraza o arquipélago das Ons cunha grande extensión de augas mariñas (Ver Parque Nacional). Os cetáceos como a toniña ou marsopa, o golfiño e o arroaz teñen presenza común nesta zona. Pola banda interior, abraza unha ampla chaira suxeita ás mareas que nalgúns mapas figura co nome de enseada do Bao, que acolle a Illa da Toxa e as famosa praias do Grove. O complexo intermareal na desembocadura do peculiar río Umia. Un vasto recinto de lama, fondos areosos e pradarías de vexetación mariña pousadas no devalo das augas.

O lugar está considerado pola Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) como un dos lugares de invernada e paso de aves acuáticas máis importante do litoral norte peninsular. Elévanse ata quince mil o número de acuáticas invernantes, incluíndo medias de case catro mil anátidos e dez mil limícolas.

O espazo protexido tamén inclúe o treito costeiro exterior da península grovense, entre os lugares de Reboredo e San Vicente do Mar. Aquí figura a lagoa Bodeira, única neste sector litoral das Rías Baixas. Tamén, o ascenso ao monte Siradella, o punto máis elevado que goza desde os seus modestos 159 metros de altitude das mellores vistas a este complexo natural de primeira orde.

No interior da ría, un bo lugar para o paseo é a ruta pola Punta Carreirón, na tranquilidade da illa de Arousa.


View Larger Map

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *