Carballido

Carballido

Carballido

Situación – No límite co Principado de Asturias, concellos da Pontenova, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada (Lugo).

Superficie – 4.633,94 ha.

Acceso – Desde A Pontenova ou A Fonsagrada pola estrada LU-740.

Servizos – Turismo rural.

Outros espazos naturais relacionados / próximos : LIC “A Marronda”, LIC “Río Eo”

A estrada local que une as localidades da Pontenova, ao norte, e A Fonsagrada, ao sur, é a principal vía de acercamento a dous extensos bosques autóctonos, separados entre si, e de dificil acceso que cobren a rede tributaria da conca alta do Eo. O primeiro é a fraga do río Reigadas e outros regatos.É recomendable a visita a partir da ferrería de Bogo (A Pontenova), onde se recuperou a un interesante conxunto etnográfico do século XVIII relacionado coa riqueza férrica da comarca.

O segundo bosque, no concello da Fonsagrada e Ribeira de Piquín, é a fraga de Carballido. O río de referencia é o Rodil e a multitude do seus tributarios, principalmente o Veiga de Logares. Existen referencias da presenza esporádica do oso pardo.


View Larger Map

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *