Cabo Udra

Cabo Udra

Cabo Udra
Cabo Udra

Situación – No extremo da península do Morrazo, separa a ría de Pontevedra da pequena ría de Aldán, nos concellos de Bueu e Cangas.

Superficie – 623,36 ha, das cales 443 son augas mariñas.

Acceso – Desde Pontevedra a Bueu pola estrada PO-551, desvíos finais no tramo de Beluso.

Servizos – Aloxamento e comida nas proximidades.

Equipamentos – Paneis informativos.Aula da Natureza (Beluso, Bueu)

Outros espazos naturais relacionados / próximos: Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia, LIC “Costa da Vela”

A ría de Aldán ábrese no extremo da península do Morrazo entre a punta do Couso (Ver LIC Costa da Vela) e o cabo Udra. A súa costa desde a praia da Mourisca (Bueu) e Menduíña (Cangas) é un colar de rochedos e pequenos areais tocados de beleza e riqueza submarina.

Os golfiños, arroaces e toniñas son relativamente frecuentes nestas augas tamén amparadas pola área protexida.Desdeterraasúaobservacióncunhasvistaspanorámicasquenondefraudanconvértensenun dos principais atractivos para a súa visita. Existe unha ruta sinalizada desde Bueu e unha Aula da Natureza na parroquia de Beluso.

No percorrido descubriremos os peculiares chozos, construcións dos pastores ao abeiro dos numerosos penedos da zona, e baterías militares abandonadas.

 


View Larger Map

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *