Brañas de Xestoso

Brañas de Xestoso

Brañas de Xestoso
Brañas de Xestoso

Situación – Entre os límites dos concellos da Estrada, Forcarei e Silleda (Pontevedra).

Superficie – 1.080,12 ha.

Acceso – A N-640 entre A Estrada e A Bandeira (Silleda) percorre o límite norte do espazo con desvío cara Curantes e Olives. Tamén pola estrada Silleda- Forcarei, desvío cara Xestoso.

Outros espazos naturais relacionados / próximos: Monumento Natural “Fraga de Catasós”, LIC “Serra do Candán”, LIC “Sistema fluvial Ulla-Deza”

Os montes que separan as comarcas de Tabeirós e Deza culminan en amplas chairas que historicamente permanecían enchoupadas durante todo o ano. Nestes terreos húmidos que caracterizan as brañas conserváronse pequenas áreas de turbeiras e zonas asolagadas polas chuvias. A máis significativa é a Lagoa Sacra de Olives, formada nunha pequena depresión do terreo a uns 650 metros de altitude e que só adoita secar na época estival.

Resultan moi curiosos os valados de pedra que rodean o espazo inundable. Segundo a lenda, a lagoa foi amurada para evitar a profanación dos cadáveres arroxados á auga tras unha batalla da antigüidade xa esquecida.

 


View Larger Map

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *