Baixo Miño

Baixo Miño

Baixo Miño
Baixo Miño

Situación – Curso final do Miño limítrofe con Portugal que atravesa os concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente, A Cañiza e Padrenda. A ZEPA só na desembocadura, concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda.

Superficie – LIC: 2.791,64 ha.

Acceso – Principais vías de comunicación ata Tui. A estrada PO-552 discorre entre Tui e A Guarda.

Servizos – Aloxamento: Si. Comer: Si.

Equipamentos – Observatorio de aves en Salcidos (A Guarda).

Outros espazos naturais relacionados / próximos: Parque Natural “Monte Aloia” “Serra da Groba”

Val miñoto 

Os oitenta quilómetros finais do Miño están amparados por ambas as marxes nun espazo transfronteirizo dentro da Rede Natura. Comprende desde o derradeiro encoro na presa da Frieira (Crecente) ata a entrega no Atlántico, xunto con algúns afluentes como o Tea e o Tamuxe na vertente galega e o Coura na portuguesa.

A fronteira do Miño une ecosistemas. Principalmente, os hábitats do estuario cunha extensa zona de xunqueiras e pradarías húmidas (denominadas na zona morraceiras) e illas e bancos de area (ariños). As mellores posibilidades de achegarse a estas paraxes están na praias da desembocadura como Camposancos, que conta ademais cun interesante sistema dunar, e os observatorios ornitolóxicos de probado éxito como o de Salcidos (A Guarda), fronte a illa de Canosa. As elevacións do terreo tamén son excelentes atalaias naturais como a subida ao castro de Santa Tegra ou ao Monte Aloia (Ver Parque Natural).

Tradicionalmente, o río é navegable ata Tui. Augas arriba o río estréitase entre penedos e pesqueiras, muros de pedra construídos para a pesca da lamprea. Na actualidade consérvanse unhas catrocentas entre Salvaterra de Miño e Crecente. Un bo sitio para observalas é na localidade de Arbo.

No fermoso concello do Rosal parecen de obrigada visita os trinta e seis muíños en liña dos conxuntos etnográficos do Folón e o Picón.


View Larger Map

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *