As Festas Gastronómicas

Festa do viño Albariño, Cambados - Pontevedra.

AS FESTAS GASTRONÓMICAS

“A cociña cristiá de Occidente non ten despensa de tanta amplitude como a que ofrece Galiza”

ÁLVARO CUNQUEIRO

A gastronomía é un dos principais recursos turísticos de Galicia: a elevada calidade e variedade dos produtos autóctonos é a base da diversidade de manxares que se confeccionan e dos artigos que se serven. Os produtos, tanto do campo coma da cabana e, sobre todo, do mar, teñen as súas propias peculiaridades e, aínda que hoxe penetraran do exterior, segue sendo a calidade do autóctono a principal característica da cociña galega. Ademais, non debemos esquecer que un dos piares do prestixio da nosa cociña foi a gran profesionalidade dos mestres dos fogóns, que realizan o seu labor non só en Galicia, senón que se atopan en calquera lugar do mundo.

As exaltacións gastronómicas suscitan o interese de cantos nos visitan. A orixe destas festas sitúase en celebracións locais ou comarcais nas que se conmemoran tradicións do lugar, reunións de amigos, ou se celebran colleitas ou festas relixiosas, como as romaxes, nas que o cumprimento da promesa ao santo se completaba cunha comida tradicional. Ao alcanzar renome, a festa atraeu xentes doutros lugares. Outras exaltacións gastronómicas naceron xa con intencións turísticas. Entre todas suman ao redor de 300 en toda Galicia cada ano: nas do litoral, peixes e mariscos son os máximos expoñentes; e no interior, a base son as carnes e os peixes de río.

PRINCIPAIS FESTAS GASTRONÓMICAS

Data Produto Localidade Provincia
7 de xaneiro Arroz con leite Ferrol A Coruña
15 de xaneiro Calos Vilanova de Arousa Pontevedra
26 de xaneiro Botelo O Barco de Valdeorras Ourense
4 febreiro Chourizo Vila de Cruces Pontevedra
Domin. anterior Entroido Cocido Galego Lalín Pontevedra
Domin. anterior Entroido Butelo A Fonsagrada Lugo
Domingo Entroido Androlla Navia de Suarna Lugo
Domingo Entroido Cabrito Vilariño de Conso Ourense
Domingo Entroido Androlla ou Botelo Viana do Bolo Ourense
Domingo Entroido Grelo As Pontes A Coruña
Febreiro (variable) Queixo galego de tetilla Antas de Ulla Lugo
1.º domingo marzo Queixo galego de tetilla Arzúa A Coruña
Domingo Piñata Filloa Lestedo-Boqueixón A Coruña
3.º domingo marzo Queixo galego de tetilla Friol Lugo
Marzo (variable) Orella de Porco Sales-Vedra A Coruña
Último domingo marzo Caldo galego Mourente Pontevedra
Semana Santa Viño O Rosal Pontevedra
Domingo de Pascua Rosquilla Abades (Silleda) Pontevedra
Véspera de San Lázaro Lamprea Pontecesures Pontevedra
Marzo-maio (variable) Augardente do Ulla Ribadulla A Coruña
Marzo-abril (variable) Viño Ribeira Sacra Chantada e Quiroga Lugo
Abril (variable) Viño do Ulla Sarandón-Vedra A Coruña
Domingo Pascua Ostras Arcade-Soutomaior Pontevedra
Abril (variable) Lamprea Arbo Pontevedra
Sábado Santo Empanada de lamprea Padrón A Coruña
Data Produto Localidade Provincia
Domingo Pascua Augardente Portomarín Lugo
Domingo Pascua Angula Tui Pontevedra
Último sábado abril Champiñón Ordes A Coruña
Finais abril/principios maio Viño do Ribeiro Ribadavia Ourense
1 de maio Filloa Muimenta-Cospeito Lugo
1 de maio Troita A Pontenova Lugo
2.º domingo maio Choco Redondela Pontevedra
3.º domingo maio Salmón A Estrada Pontevedra
3.º domingo maio Melindres Melide A Coruña
Último domingo maio Galo de curral Vila de Cruces Pontevedra
Último domingo maio Troita Pontecaldelas Pontevedra
1.ª fin de semana xuño Veu tinto de O Salnés Barrantes, Ribadumia Pontevedra
2.ª fin de semana xuño Cereixa Beade, Vigo Pontevedra
Último sábado de xuño Roscón de Xema A Garda Pontevedra
Último domingo de xuño Lagosta A Garda Pontevedra
1.º sábado de xullo Percebe de Roncudo Corme, Ponteceso A Coruña
1.º domingo de xullo Rosquilla Gondomar Pontevedra
Día San Benito (11 xullo) Pan de Cea Cea Ourense
Dom. máis próx. ao 11 xullo Calos Mosteiro, Meis Pontevedra
Dom. anter. ao 16 de xullo Ameixa Carril, Vilagarcía Pontevedra
16 de xullo Sardiña Cortegada, Silleda Pontevedra
25 de xullo Xouba (sardiña pequena) Rianxo Pontevedra
25 de xullo Churrasco Coveo Pontevedra
Último domingo de xullo Año ao espeto Moraña Pontevedra
1.º venres de agosto Tortilla Laro, Silleda Pontevedra
1.º sábado de agosto Pemento de Herbón Padrón A Coruña
1.º domingo de agosto Viño Albariño Cambados Pontevedra
1.º domingo de agosto Navalla Fisterra A Coruña
1º domingo de agosto Mexillón Vilanova de Arousa Pontevedra
1.º fin de semana agosto Pemento Arnoia Ourense
2.º domingo de agosto Polbo O Carballiño Ourense
2.ª quincena Viño de Valdeorras A Rúa Ourense
15 de agosto Xamón A Cañiza Pontevedra
3.º domingo de agosto Empanada Allariz Ourense
3.º domingo de agosto Augardente do Condado Sela, Arbo Pontevedra
3.º domingo de agosto Ameixa Campelo, Poio Pontevedra
3.º sábado de agosto Empanada Bandeira, Silleda Pontevedra
Sáb. desp. do 16/agosto Queimada (A Maruxaina) Cervo Lugo
18 de agosto Sardiña Sada A Coruña
Último domingo agosto Leitón á brasa Amil, Moraña Pontevedra
Último domingo agosto Pan de millo Cabral, Vigo Pontevedra
Último domingo agosto Requeixo A Capela A Coruña
Último domingo agosto Empanada Noia A Coruña
Último domingo agosto Veu de O Condado Salvaterra Pontevedra
3.º domingo setembro Pataca Coristanco A Coruña
Últ. domingo setembro Anguía Valla Pontevedra
2.ª fin semana outubro Pataca Vilar de Barrio Ourense
2.ª semana de outubro Marisco O Grove Pontevedra
Dom. anter. a  9 outubro Faba Lourenzá Lugo
Último domingo outubro Vieira Bueu Pontevedra
1.º novembro Cogomelos e Champiñóns Ás Pontes A Coruña
11 novembro Castañas asadas Ourense Ourense
1.º fin semana decembro Carne richada Forcarei Pontevedra
Ponte Constitución Lombo de porco Petín Ourense
Ponte Constitución Marisco Mañón A Coruña
Segundo domingo decembro Carne ao caldeiro Agolada Pontevedra
13 de decembro Churrasco Silleda Pontevedra
21 de decembro Capón Vilalba Lugo
22 de decembro Capón Arzúa A Coruña
Sábado seguinte a Nadal Empanada de costelas A Rúa Ourense

 

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *