A Ramallosa

Situación – Ría de Vigo, concellos de Nigrán e Baiona (Pontevedra).
Superficie – 91,85 ha.
Acceso – Estrada pola costa PO-552 (Vigo-Baiona).
Servizos – Aloxamento: Si. Comer: Si.
Equipamentos – Observatorio municipal Casa Rosa de Sabarís (Baiona).
Outros espazos naturais relacionados / próximos: Parque Nacional “Illas Atlánticas de Galicia”, LIC “Illas Estelas”, “Serra da Groba”.
O espazo protexido abrangue o esteiro do río Miñor pechado case completamente pola praia da Ladeira, de máis dun quilómetro de lonxitude. Neste treito costeiro de forte presión humana como zona marisqueira e turística, mantéñense as marismas da Foz nas que conflúen coas mareas ademais do Miñor os regatos Groba e Belesar.
O observatorio de Sabarís dispón de amplas ventás e material telescópico para divisar a variada fauna do tremedal.