A Marronda

A Marronda

A Marronda
A Marronda

Situación – Nos concellos de Baleira e A Fonsagrada (Lugo).

Superficie– 1.211,97 ha.

Acceso – Desde Lugo, con acceso directo na autovía A-6, pola estrada á Fonsagrada (LU-530) e desvío no Cádavo dirección a Meira (LU-750). Outra alternativa desde a N-VI é tomar en Baralla a LU-710.

Máis información – Asociación de Amigos da Marronda (amigosmarronda@gmail.com)

Equipamentos – Centro de Interpretación do Río Eo e da Fraga da Marronda, Fonteo (Baleira).

Outros espazos naturais relacionados / próximos – LIC “Carballido”

A trinta quilómetros da cidade de Lugo, a fraga da Marronda é unha grande extensión frondosa en excepcional estado de conservación. Considérase a nai de todos os bosques maduros das montañas de Baleira que acompañan o nacemento dos cantábricos ríos Eo e Neira, en Fonteo e A Fontaneira respectivamente. Á bravura dos cursos fluviais resolta en espectaculares meandros, engádeselle a beleza arborada das ladeiras cubertas de especies caducifolias. Entre elas unha abondosa presenza de faias singular dentro do territorio galego.

Os sendeiros integrados na ruta de Gran Recorrido GR-1 permiten realizar variados itinerarios sempre suxeitos ás condicións meteorolóxicas estacionais. De doado acceso son as áreas recreativas de Fonteo e a de Cortevella cun interesante miradoiro sobre os meandros do Eo.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *