A Basílica de San Martiño e o seu legado histórico-artístico

Entre os monumentos históricos máis emblemáticos de Galicia non podemos pasar por alto a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, na localidade luguesa de Foz. Trátase dunha igrexa construída entre os séculos XI e XII sobre un antigo templo prerrománico do século X, anteriormente sede episcopal da diócese mindoniense. Un detalle para destacar deste Monumento Nacional é que ademais é considerada por algúns a igrexa máis antiga de España, case nada.

O importante é que San Martiño de Mondoñedo é un edificio cun valor histórico e artístico incalculable para o patrimonio galego. Fabricada en cachotaría lousenta e pedra granítica cuberta por un tellado de lousa, conta ademais cunha planta basilical de tres naves con cruceiro, tres ábsidas semicirculares e unha casa reitoral pegada no lateral dereito. Sen mencionar a súa espectacular fachada con porta de arco de medio punto con dúas arquivoltas e catro columnas, unha xoia!

Non hai lugar a dúbidas que se trata dunha das construcións máis interesantes de Galicia, non só pola historia coa que lla identifica senón tamén pola riqueza arquitectónica, escultórica e pictórica que hai entre os seus muros. En canto ao legado escultórico, San Martiño destaca polos seus capiteis. Diferentes estilos enchen este espazo de obras mestras con temáticas vexetais, bíblicas, e moito máis.

Aínda por riba, a basílica conserva tamén unha colección de pinturas murais orixinais do século XII e o sepulcro de San Gonzalo, impulsor da igrexa e a quen a tradición adxudicou unha serie de milagres que aínda hoxe en día se lembran na zona.

Digna de lembrar é tamén a súa colección de canecillos, aquelas partes da viga que sobresaen do exterior da fachada e sosteñen a cornixa. Uns interesantes adornos para as cornixas da basílica, entre os que se poden ver mascaróns humanos e animais, así como personaxes en diversas actitudes.

Como todo, non hai mellor maneira de coñecer os detalles deste Ben de Interese Comunitario que vendo en primeira persoa os detalles que aquí se comentan. A unha distancia de menos de cinco quilómetros do núcleo urbano de Foz, atópase unha marabilla arquitectónica con entrada gratuíta para todo aquel que queira velo de preto, só hai que ter en conta o horario habilitado para as visitas.

En definitiva, unha herdanza que nos deixan os nosos antepasados á que hai que coidar, conservar, poñer en valor e, finalmente potenciar para atraer a todos aqueles turistas amantes da historia.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *