1 de cada 5 peregrinos escolle o Camiño Portugués

untitled

Este abril de 2016 a Xunta de Galicia, fixo oficial o recoñecemento deste Camiño pero xa había moitos peregrinos que aínda sen selo elixían facer esta impresionante ruta que nace en Lisboa, pasa por Oporto e continúa por trece municipios de Pontevedra sendo Tui o primeiro contacto con Galicia.

En 2005,  5.507 peregrinos percorreron esta ruta e o número non fixo máis que aumentar desde entón. No que levamos de ano xa a percorreron 37.439 persoas e estímase, segundo Os Amigos Do Camiño Portugués, que en 2021 estas cifras triplicaranse.

Aínda que o aumento de peregrinos polo Camiño Portugués é constante, esta ruta marítima segue sen gañar ao Camiño Francés o cal xa o percorreron máis de 200.263 persoas no que levamos de ano.

untitledsdrtg

O Camiño Monacal, tamén chamado así polo seu paso pola abadía circense de Oia, goza dunha gran estima entre os peregrinos xa que é un dos mellor valorados polas suas grandes vistas da costa, a sua gran oferta hostaleira e por ser un dos camiños máis seguros e limpos. Para potenciar este camiño cara á cidade compostelá, recibiu unha gran cantidade de melloras e limpouse recentemente eliminando os puntos negros e mellorando a sinalización.

Pódese realizar o Camiño Portugués a través de dúas rutas segundo a paisaxe e a cantidade de quilómetros que queiras percorrer: polo interior ou a ruta pola costa.

Esperamos que cada vez sexan máis os que se animen a facer esta ruta

www.caminodesantiago.gal

Guardar

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *