Que facer en Galicia do 8 ao 14 de outubro?

Esta semana seguimos bailando en Lugo e A Coruña. Diferentes estilos musicais reúnennos arredor de tres festivais con características moi dispares. Música dance, pop e rap son a banda sonora para esta axenda semanal que vai do 8 ao 14 outubro. Imos aló!

XIII SanFroidance

Xoves 11 de outubro – Lugo

En plenas Festas de San Froilán 2018 celébrase tamén a décimo terceira edición do SanFroidance. Un encontro de música electrónica que mantén en pé ata altas horas da madrugada aos máis bailongos.

Este ano o cartel do evento conta con artistas como  Nastasia Zürcher, Soulmakclein, Dj Tillo, Jotamayúscula, Karmasound,  Ms Maiko, Escandaloso Xpósito & Hartosopash, entre outros. Mantente ao tanto das novidades na páxina de Facebook da entidade organizadora: http://bit.ly/TrasnosoundEvents-SFDC  e no programa xeral das festas http://sanfroilan.info/programa/14 Seguro que non queres deixalo pasar!

Felicia Pop Festival

Do 12 ao 13 de outubro – Fene, A Coruña

Á pista polideportiva de Limodre, no municipio coruñés de Fene, volve o Felicia Pop Festival. Un encontro que se produce desde 1998 e que fai bailar a toda a comarca ao ritmo do Pop.

Para esta edición espéranse as actuacións de Bang 74, Mulleres, The  Primitives, Aula 11 e Bonzos. Atopa moita máis información na páxina oficial de Facebook do festival http://bit.ly/FeliciaPOPFestival  

Aproveita! A entrada é de balde e a diversión está asegurada.

NovaFest

Sábado 13 de outubro – Lugo

E volvemos a Lugo, no marco das Festas de San Froilán, para falar do NovaFest. Un festival de música urbana que se celebra no Pazo de Congresos e Feiras de Lugo. Natos e  Waor ou a nova promesa do rap Melina Altés, son algúns dos artistas que chegan ao NovaFest para sorprender ao público coas súas letras.

Compra a túa entrada para o 13 de outubro desde 19€ en http://bit.ly/EntradasNOVAFEST e non perdas detalle das túas sesións favoritas. Non faltes!

Nesta ocasión é fácil, non tes nin que elixir. Se es dos que escoita todo tipo de música, esta segunda semana de outubro podes aproveitar o mellor de cada festival porque practicamente non se solapan.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *