Que facer en Galicia do 15 ao 21 de abril
Non sabes que facer a semana do 15 ao 21 de abril? Propoñémosche varios plans que non poderás rexeitar.
Mostra do Encaixe de Palillos
Do 17 ao 21 de abril – Camariñas
Sabías que as palileliras de Camariñas convertéronse nunha das iconas de Galicia? Grazas ás escolas municipais de Camariñas, Camelle, Xaviña e Ponte do Porto podemos gozar das demostracións das artesás e coñecer o modo de fabricación de tecidos, entrelazando fíos sobre unha almofada e un patrón.
Destacan os desfiles de moda de grandes deseñadores, ademais do concurso de noveis onde poderán dar a coñecer os seus traballos.
Ademais, na “Mostra do encaixe de palillos” tamén poderás facer unha viaxe por diferentes artesanías tradicionais de Galicia nas que se aplicou o encaixe de Camariñas.
Recomendámoscha!
Feira do Queixo do Cebreiro
19 de abril – Pedrafita do Cebreiro
Coñeces o Queixo do Cebreiro? Por se aínda non tiveches o pracer, é un queixo de orixe galega, elaborado con leite pasteurizada de vaca e conta con denominación de orixe protexida.
A feira dá comezo ás 9:30 horas da mañá e acaba a media tarde. Durante a xornada, os visitantes poderán gozar da degustación do queixo e dos produtos artesanais típicos da comarca. Amenizarase o día con pasacalles e unha exhibición de baile tradicional. Ás 13:00 horas, levaráse a cabo a lectura do pregón a cargo de D. Manuel Lolo Aira, CEO de AMSlab.
E hai máis! Un elemento que non pode faltar en ningunha festa galega é o polbo, que por suposto estará nos distintos postos da zona.
Animámosche a que veñas probar este produto da nosa gastronomía.
Festa do requeixo e do mel das neves
Do 19 ao 20 de abril – As Neves
Gústache o requeixo? A esta feira non te poderás resistir!
Nas Neves, celébrase esta festa. A súa principal atracción é o requeixo, acompañado polo mellor mel ou se o prefires polos viños tintos de Rubiós.
Como xa mencionamos, en ningunha festa galega pode faltar o polbo á feira, ademais dos chourizos ao viño, e por suposto a música propia da terra, acompañada das ganas de pasalo ben.
Ademais, tamén poderás asistir de cursos e conferencias que tratarán sobre o requeixo e o mel.
Ten boa pinta, verdade? Inclúe esta festa nos teus plans, non a deixes escapar!
Festas patronais de San Telmo
Do 20 ao 29 de abril – Tui
Con motivo das súas festas patronais hai un gran número de festexos un Tui, dando comezo coa tradicional coroación das raíñas das festas e incluíndo actividades para todas as idades.
Non poden faltar os actos relixiosos en honra a San Telmo, patrón dos navegantes, peregrino que faleceu en Tui cando facía o Camiño de Santiago. O domingo destaca a procesión do Santo.
Pasando os días desenvolveranse distintos eventos, entre os que destaca o Festival Popular do Meixón, festa gastronómica dedicada ás angulas do Miño, que terá lugar no Paseo da Corredoira. Tamén terá lugar a Feira Agrícola e Industrial do Baixo Miño, que atrae a un numeroso público.
Goza de Tui, non o dubides!
Galicia posúe unha cultura riquísima chea de tradicións e estes plans son unha boa opción para coñecer parte delas. Goza da Semana Santa de interese turístico de Galicia.
Non o penses dúas veces, anímate!