Que facer en Galicia do 13 de maio al 21 de maio.

Esta semana celébrase o Día das Letras Galegas e, en diferentes lugares da Comunidade, levaranse a cabo numerosos eventos. Podes consultalos na nosa axenda cultural. Ademais das actividades das Letras, a continuación imos profundar nalgunhas das festas que se celebran esta semana.

 

Romaría Etnográfica Raigame de Vilanova dos Infantes

Día 17 de maio – Celanova

O 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, vívese a Romaría Etnográfica Raigame en Vilanova dos Infantes.

Os artesáns ofrecen ao visitante os seus produtos e mostran o seu oficio na vila medieval. Mentres, sucédense un amplo abanico de actividades que exaltan as tradicións, música e baile, así como os oficios tradicionais, monicreques e xogos populares, entre outros.

Únese a diversidade gastronómica nas rúas cos talleres de artesanía nos baixos das casas. Os visitantes poderán observar como se elabora unha fouce, como se tece un pano, etc.

Algo fundamental desta festa son as actuacións musicais, as actividades para que os máis novos aprendan os xogos dos seus avós ou os xogos cantados. Ven a divertirte!

 

Festa da troita

Do 18 de maio ao 19 de maio – Ponte Caldelas

Desde 1967 celébrase esta popular festa gastronómica en Ponte Caldelas que enxalza a afluencia de troitas no río Verdugo. Todas as sociedades de pesca de Galicia son convidadas a participar na competición que ten lugar no paseo fluvial, entre a praia fluvial da Calzada e a vila e que atrae a tanto público.

Ao concurso, sucédeo unha degustación gastronómica que pon ao dispor dos asistentes as diferentes especialidades culinarias onde a troita é a protagonista. Ademais, tamén haberá outras especialidades da zona como cabrito ou caza.

O domingo a festa continúa. Entréganse os premios do concurso de pesca e celébrase un banquete no antigo balneario de Ponte Caldelas.

 

Festa do salmón

Día 19 de maio – A Estrada

A piques de cumprir o seu 40 aniversario, a Festa do Salmón da Estrada é un dos acontecementos gastronómicos máis importantes da localidade. Este peixe é unha materia prima de gran importancia na cociña local e con el, os restauradores innovan e seducen cada ano aos amantes deste prato. En empanada, pizza, guisado… todas estas preparacións e máis serán as encargadas de deleitar aos que se animen a achegarse á degustación popular desta festa.

Ademais da gastronomía, o programa da festa conta con actividades como os concertos de bandas musicais, representacións teatrais, actuacións de grupos folclóricos ou exposicións.

Goza da semana das Letras Galegas da mellor das maneiras. Goza de Galicia!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *