Que facer en Galicia a semana do 20 ao 26 de xaneiro

Se aínda non viches o Belén de Begonte aproveita os seus últimos días de apertura para visitalo. E se xa pasaches por alí faille un oco nos teus plans para os próximos días á música en feminino, a danza popular e unha exposición que che permitirá viaxar polo tempo.

 

Belén de Begonte

Ata o 26 de xaneiro. Begonte

O Belén Electrónico de Begonte afronta os seus últimos días de apertura ao público. Veciños e visitantes terán así unha última oportunidade de gozar desta espectacular escenificación animada que foi declara de interese turístico.

Máis información aquí

 

Danza de San Sebastián en Aldán

20 de xaneiro. Cangas

Como cada 20 de xaneiro, a parroquia de Aldán honra a San Sebastián cunha danza que pola súa singularidade foi declara de interese turístico. Un total de 16 persoas participan neste vistoso baile cuxas primeiras noticias acerca da súa celebración remóntanse ao século XVII.

Máis información aquí

 

Música en feminino

24 e 25 de xaneiro. Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela

India Martínez e La Bien Querida, dúas das artistas máis destacadas do panorama musical estatal coincidiron en elixir Galicia para presentar estes días os seus novos discos con varios concertos. India Martínez visitará Vigo (venres 24) e A Coruña (sábado 25) e La Bien Querida pasará por Santiago de Compostela (venres 24) e Vigo (sábado 25).

 

Jessica Cottis e a Real Filharmonía

23 de xaneiro. Santiago de Compostela

A directora de orquestra Jessica Cottis regresa a Galicia esta semana para levar a batuta da Real Filharmonía de Galicia nos concertos que ofrecerá en Santiago de Compostela (xoves 23) e Pontevedra (venres 24). Tamén participará, á guitarra, Enrike  Solinís.

Máis información aquí

 

Galicia, un relato no mundo

Ata o 12 de abril. Santiago de Compostela

Unha selección de pezas de grande importancia para a historia e a cultura desta terra e procedentes de diversos países do mundo danse cita na exposición que se pode visitar no Museo Centro  Gaiás, da Cidade da Cultura. Trátase da primeira gran exposición organizada pola Xunta con motivo do Xacobeo 2021.

Máis información aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *