Que facer en Galicia a semana do 2 ao 8 de marzo

Os últimos ecos do entroido darán paso na axenda desta semana a unha variada oferta de actos: gastronomía, motor, música dos estilos máis diversos, flores e a conmemoración do Día Internacional da Muller, entre outros. Xa sabes cales non vas perder?

 

Xenerais da Ulla

5 de marzo. Touro

Os famosos Xenerais da Ulla pecharán este xoves o Entroido e o seu periplo de visitas por toda a comarca natural do río Ulla facendo un último atranque no municipio de Touro. Os xenerais e o seu séquito recitarán as súas coplas aproveitando a celebración da tradicional feira do día 4 en Fonte Díaz, a capital municipal.

Máis información aquí

 

Festa do Caldo Galego

7 e 8 de marzo. Mourente (Pontevedra)

29 anos cumpre esta fin de semana a Festa do Caldo Galego de Mourente. E farao con dúas xornadas de actos nos que o prato estrela estará acompañado de actuacións musicais e homenaxes. Unha ocasión única para degustar un dos pratos estrela do mundo rural galego.

Máis información aquí

 

Feira do Viño de Chantada

6, 7 e 8 de marzo. Chantada

Tres días (de venres a domingo) dedicarán os veciños de Chantada a poñer en valor o viño que leva o nome da localidade. A súa feira suma xa 38 edicións e no programa de actos haberá catas, premios, talleres de lecer e moita música.

Máis información aquí

 

Motococido 2020

6, 7 e 8 de marzo. Lalín

O día central da Festa do Cocido de Lalín xa pasou, pero o prato segue reinando na localidade e inspirando outras celebracións. Esta fin de semana tocaralle a quenda aos amantes do motor e as dúas rodas, debido a que se celebrará a primeira edición da concentración moteira internacional Motococido 2020. Haberá exhibicións, actuacións musicais, roteiros e, por suposto, o famoso cocido de Lalín.

Máis información aquí

 

Festa das Pepitas de Ferrol

A partir do 5 de marzo. Ferrol

A presentación dos carteis da celebración e a actuación da rondalla de Bohemios abrirá este xoves os actos da Festa das Pepitas de Ferrol, unha celebración de interese turístico que vivirá o seu día grande o día 18.

Máis información aquí

 

Festival Pórtico do Paraíso

Do 6 ao 15 de marzo. Varios municipios

Esta fin de semana terán lugar os dous primeiros concertos da décimo terceira edición do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso. As citas serán o venres 6  no templo da Veracruz (O Carballiño) co coro de voces brancas Escolanía de Segovia, e o domingo 8 na igrexa de Santo Anxo (Ourense) co violinista José Manuel Álvarez Losada.

Máis información aquí

 

Exposición da Camelia Bella Otero

7 e 8 de marzo. Valga

As camelias están en flor e para celebralo no auditorio municipal de Valga celebrarase esta fin de semana a décima cuarta edición da Exposición de Camelia Bella Otero. Durante dous días o público poderá gozar das flores máis belas.

Máis información aquí

 

Actos do Día Internacional da Muller

8 de marzo

Este domingo conmemórase o Día Internacional da Muller. Concellos, asociacións e colectivos diversos celebrarán a xornada con actividades moi variadas: concentracións, lecturas de manifestos, actuacións teatrais e musicais, exposicións… Consulta a túa axenda local e participa na conmemoración.

 

Barón Rojo en directo

7 de marzo. Vigo

A mítica banda de rock Barón Rojo cumpre 40 anos e despídese dos escenarios cunha xira que a traerá esta semana a Vigo. O público que acuda á Sala Rouge poderá gozar en directo de todos os seus grandes éxitos.

Máis información aquí

 

Furious Monkey House

7 de marzo. Pontevedra

O sexteto pontevedrés Furious Monkey House regresa aos escenarios para presentar ante o seu público cun concerto en directo os temas do seu último traballo discográfico, “Love, scum & dust”.

Máis información aquí

 

Festa do Lacón con Grelos

7 e 8 de marzo. Mesón do Vento (Ordes)

Ordes celebrará esta fin de semana a vixésimo segunda edición da súa Festa do Lacón con Grelos. Serán dúas xornadas de actividades nas que ademais de para degustar o prato central da festa haberá tempo tamén para os concursos, a música, as exhibicións de habilidades caninas e equinas e os disfraces.

Máis información aquí

 

Presentación de “O Camiño”

8 de marzo. A Coruña

Fotografa, vídeo, unha presentación teatralizada, narración e música danse cita en “O  Camiño”, o espectáculo que o grupo de música tradicional Setestrelo dedicou ás rutas xacobeas que cruzan Galicia. A súa posta de longo será este domingo no Teatro Colón.

Máis información aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *