Aviso Legal

Blog de Turismo de Galicia

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do blog de internet (en diante, o “Blog’) que Turismo de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.

A Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel “turismo.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Blog emítese con efectos simplemente informativos. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, Turismo de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Blog, nin que se atope totalmente actualizado.

Turismo de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Blog con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

Turismo de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Blog, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

Turismo de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste Blog e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Blog, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Blog e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Privacidade

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Blog, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

Cookies propias: son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.

Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

Protección de datos

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Blog estará suxeito ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de aplicación. Os datos achegados polo interesado utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para remitir información desde Turismo de Galicia, susceptible de interese por parte do usuario. En ningún caso os referidos datos serán obxecto de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado, ou nos supostos previstos nos artigos 6.2 e 11.2 da Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

En cumprimento do disposto na citada Lei Orgánica 15/1999, o cedente dos datos poderá, en calquera momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición na forma que regulamentariamente se determine.

Uso de linguas

A Disposición adicional sexta da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, determina que se garantirá o uso das linguas oficiais do Estado nas relacións por medios electrónicos dos cidadáns coas Administracións Públicas, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e na normativa que en cada caso resulte de aplicación. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.